Alberto Regueiro ou o triunfo da canteira de Pontedeume

Alberto Regueiro ou o triunfo da canteira de Pontedeume

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Alberto Regueiro ten 15 anos de edade e milita no equipo cadete do Deportivo de A Coruña que xoga na División de Honra de Cadetes. O rapaz promete e os “observadores” do Depor non perderon oportunidade. Alberto formouse na canteira do Eume Deportivo. “Xogo ao fútbol dende os 5 anos” afirmou en Radiofusión. O rapaz eumés estuda cuarto de ESO no Instituto de Pontedeume e xoga de central aínda que as veces o míster o coloca de lateral.

Regueiro é o resultado do triunfo da canteira do Eume Deportivo, un club cun déficit notable de infraestructuras pero cuns recursos humáns increíbles. Regueiro non se vé no primeiro equipo do Depor non sabemos se por un exceso de realismo ou de inseguridade. “Xa me gustaría ser como Gerard Piqué” apúntanos. Mentres tanto, día tras días sae do instituto eumés e un coche do club trasladao a Abegondo a entrenar. O seu soño é xogar algún día nun equipo grande.

Deportes