Aldao e Lado volverán para a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol

Aldao e Lado volverán para a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol

07 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Contra o que poidera parecer, a poesía foi un bo reclamo en Maniños (Fene A Coruña). É verdade que o poeta protagonista do acto, Arsenio Iglesias Pazos, é dalí. Os seus veciños e amigos non quixeron perderse a presentación da primeira obra que publica. Chámase “Atico” publicada por Edicións Positivas. O combate poético “A hostia en verso” que presentaron Lucía Aldao e Mar&ia

Arsenio Iglesias falou para un público que encheu a Sociedade O Pote onde asistíu de crío ás festas e de maior formou parte da súa directiva. Recibíu moitos aplausos cando recitou un poema inédito rememorando a súa experiencia como xogador no equipo de balonmán da entidade.

As duúas poetas, Lucía Aldao e María Lado, conductoras da presentación de "Ático", volverán a Ferrolterra na Semana da poesía Salvaxe, entre o 24 e 26 de abril, cun dos espectáculos habituais nelas, con música e palabras.

Sociedade