Alfredo Saborido (Centro Quérote): “ Os pais teñen que favorecer o desenvolvemento sexual dos seus fillos”

Alfredo Saborido (Centro Quérote): “ Os pais teñen que favorecer o desenvolvemento sexual dos seus fillos”

28 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A sexualidade non se restrinxe á etapa adulta, senón que se trata dunha dimensión que afecta á infancia. A sexualidade nace e morre con nós e evoluciona ao longo da vida. Asociar á sexualidade  á reproducción  constriñe a mesma só a súa etapa fértil, esquecendo así a sexualidade infantil.

Desde o nacemento respondemos a estímulos, cos baños ou aloumiños que nos provocan ereccións do pene, do clítore ou lubricacións vaxinais.

Buscamos o pracer non só coa masturbación senón tamén chupándonos, rascándonos ou mordisqueándonos. Na infancia é común xogar a médicos, a pais e nais ou mesmo xogamos a casarnos ou tocámonos os xenitais. Queda demostrado así que a sexualidade é unha realidade na etapa infantil. 

Os proxenitores teñen que acompañar e favorecer o desenvolvemento sexual dos seus fillos/as. A pel é un dos nosos maiores instrumentos comunicativos. Nesta etapa é importante que as nais/pais fomenten o contacto da pel, a atención íntima e a comunicación corporal cos seus fillos e fillas. Escoitamos ao Traballador Social do Centro Quérote de Ferrol. 

Satisfacer a súa curiosidade sexual tamén é importante. Hai que respostar con honestidade para que non se sintan enganados aínda que non se faga con exactitude.  

Sociedade