Alfredo Saborido: Somos moi reduccionistas no sexo

Alfredo Saborido: Somos moi reduccionistas no sexo

08 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Somos moi reduccionistas no sexo, afirmou o traballador social do Centro Quérote de Ferrol Alfredo Saborido. Pero pola contra, cando falamos de sexo estamos a falar de diversidade.

Temos todo 1 corpo con posibilidades de placer e de sensacións, e en demasiadas ocasións as relacións concéntranse, enfócanse e redúcense aos xenitais. Tamén redúcese e moitas veces ocúltase ás persoas con orientacións de desexo diferentes ás maioritarias, ou ao que non lle gosta manter determinadas prácticas. O persoal do centro Quérote de Ferrol acude todos os mércores a Radiofusión e participa no programa A Fenestra co espazo Falamos de sexo.

Sociedade