Algo arde en Redondela

Algo arde en Redondela

26 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela
Un lume calcina unha furgoneta nas inmediacións do Campo de Santa Mariña. O incendio produciuse ás 21:36 horas de onte. A rápida intervención de Portección Civil non evitou que o vehículo quedase prácticamente destruído.

Na extinción do lume participou un retén do servizo de emerxencias do Grumir cunha motobomba. Desprazáronse ao lugar varias patrullas da policía local e nacional, sen que fora precisa a súa intervención. A pesar do aparatoso do incendio non hai que lamentar danos persoais, xa que o vehículo atopábase baleiro no momento do lume a pesar de que as veces había xente que durmía no seu interior.Efectivos de protección civil sufocaron na tarde noite de onte un lume que calcinou por completo unha furgoneta que dende hai días permanecía estacionada na estrada Campo de fútbol. O lume iniciouse por causas descoñecidas ás 21:36 de onte e propagouse rapidamente de tal xeito que cando os operarios chegaron ao lugar do suceso o vehículo estaba xa parcialmente calcinado.

Sociedade