Amado Cubero: "A palleta é o corazón da gaita"

Amado Cubero: "A palleta é o corazón da gaita"

25 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A palleta é  o corazón da gaita. Así de concluinte se amosa Amado Cubero, un dos palleteiros de máis sona. Dende Ponferrada, fabrica e axusta palletas para a maioria dos obradoiros de gaita de Galicia. Co mellor punteiro e unha mala palleta, non temos gaita, afirma Cubero que imparte cursos para esinar aos gaiteiros a afirnar a palleta.

A palleta é un pequeno dispositivo elaborado con dous anacos de cana que abrazan un minúsculo tubo de latón. Vai engarzado cunha anilla do mesmo material e rodeado da metade cara abaixo de fío. É un obxecto extremadamente delicado, complicado de elaborar e completamente artesán. A palleta é a alma da gaita, o corazón que lle dá o son que despois o músico mecanografía cos dedos sobre o punteiro.

Sociedade