Ambición, xogadores comprometidos e adestrador honesto

Ambición, xogadores comprometidos e adestrador honesto

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Camilo ten moi claros os elementos imprescindibeis para configurar un proxecto deportivo de éxito. Afirma que se precisa unha persoa xusta e honesta como adestrador, un técnico con gañas de traballar. O defensa xogou esta última temporada no Galicia de Mugardos, na Primeira Autonómica, e na actualidade non ten compromiso con ningún equipo.

Para Camilo, no fútbol afeizoado, tamén se require un mínimo de 16 ou 17 xogadores responsabeis e comprometidos que permitan a continuidade nos adestramentos. Por último, este licenciado no INEF que ascendeu co Mugardos á Preferente Autonómica, salienta que se debe fixar un obxectivo, para traballar con ilusión e ambición. Camilo mantivo conversas con conxuntos da Primeira e da Segunda Autonómica. Gustaríalle seguir xogando, pero non a calquera prezo. Agarda por un proxecto deportivo que lle convenza. Camilo Prieto Rivas naceu en 1978. Xoga como defensa ainda que non recela de acudir á área contraria, e con frecuencia logra colocar o balón nas redes.

Deportes