Amigos da República celebra o 14 de abril cunha homenaxe á historiadora Cuca Tovar

Amigos da República celebra o 14 de abril cunha homenaxe á historiadora Cuca Tovar

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Non queremos chorar sobre feitos ocorridos hai 70 anos, senón aprender das cousas positivas daquel curto período democrático”. Con este obxectivo, expresado en Radiofusiòn polo vicepresidente da Asociación Amigos da República, lémbrase nesta xornada o 14 de abril de 1931, data de alzamento da II República. A entidade organiza ao longo da semana toda unha serie de actos conmemorativos protagonizados pola homenaxe á historiadora Cuca

En 1986, cando era estudante de 5º curso de Historia, Cuca Tovar dirixiuse ao cemiterio municipal de Ourense para estudar a identidade dos republicanos represaliados. O alcalde, Antonio Caride Tabarés, negoulle o permiso para desenvolver a súa investigación e o conflito chegou á Xustiza. A Asociación Amigos da República quere este ano, cun acto que se celebrará mañá xoves, recoñecer a historiadora como pioneira na recuperación da memoria histórica. O vicepresidente da entidade, Xosé Lois Carrión, destacou nos micrófonos de Radiofusiòn a similitude entre o caso de Tovar e proceso ao que se enfronta na actualidade o xuíz Baltasar Garzón, con quen se solidarizan.

Conferencias, música e unha cea de confraternización son outros dos actos preparados pola Asociación para celebrar o 14 de abril e expresar o desexo da chegada dunha III República. “Para referirse á posibilidade de que as mulleres sexan raíñas ou á liberdade de matrimonio dos herdeiros, fálase con frecuencia de modernización da monarquía, pero iso non é posible”, apunta Carrión para quen “a monarquía se se moderniza chámase República”.

Sociedade