Aminatou volve a casa

Aminatou volve a casa

17 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As 22,25 horas Aminatou Haidar saiu do Hospital de Arrecife onde permanecia ingresada na illa canaria de Lanzarote. "Moitas grazas. Parabéns para a sociedade civil, para a plataforma que me está apoiando, para os medios". "Esta é unha victoria para os dereitos humanos e para a causa saharaui" afirmou a activista quen indicou que abrazar aos seus fillos e á súa nai será o primeiro que faga ao chegar á capital do Sáhara.

Haidar levaba 32 dias en folga de fame no aeroporto de Lanzarote, despois de que Marruecos a expulsara do seu territorio e lle retirara o pasaporte. O acordo que permite o retorno a El Aaiún realizouse tras múltiples contacos entre os gobernos de España, Francia e Marruecos. O avión medicalizado que trasladará a Aminatou aterrou no aeroporto de Lanzarote, ás 21,10.

Sociedade