Amor e moito traballo

Amor e moito traballo
25 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Xa meus pais levaban toda a vida no medio rural e sempre quedou con nós a produción de leite. Agora facemos un queixo de leite cru”, asegura Manuel Carbia en Onda ODS. Leite Ulla produce dende A Estrada un dos poucos queixos que se fan con leite cru. Hoxe coñecemos os seus segredos.

ESCOITA O PODCAST:

Antes recibía o coidado das nosas avoas. Agora, ese queixo típico feito nas casas do rural galego, introduce os rexistros sanitarios necesarios sen perder a súa naturalidade. Leite, callo e sal son os seus ingredientes principais. Tamén amor e moito traballo, xa que o feito de non utilizar conservantes supón adicar máis horas á súa preparación. O tacto xoga tamén un papel fundamental nun queixo tan especial. Hai que viralo varias veces durante o proceso de elaboración e tamén darlle a volta e telo seco cando chega ao noso fogar. Así manterá o seu sabor tradicional, tal e como explica, Manuel Carbia, propietario de Leite Ulla en Onda ODS.

Na imaxe, Manuel Carbia (propietario de Leite Ulla)

Sociedade

Publica o teu comentario agora