Amor polos ríos

Amor polos ríos

30 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A V Limpeza dos ríos tivo en Fene dous protagonistas: o Baa e o Cádavo. Unhas 30 persoas participaron nestas canles fluviais, dende as 10 da mañá, na sua limpeza. A xornada de concienciación programada por ADEGA reuníu a voluntarios en 34 concellos galegos.

En Fene colaboraron nesta campaña anual o concello e a Asociación etnográfica AETNA. O rio Baa, que nace en Laraxe- Cabanas- e desemboca na Beiramar, no Seixo- Mugardos- pasa na maior parte do seu curso, polo concello fenés.

Adega proporcionóu as camisolas alusivas ao día e o Concello de Fene o material necesario para a limpeza, como botas de goma, lubas e paus. 

A valoración realizada polo presidente de Aetna, Juan José Cabana, é que a situación melloróu en relación co ano 2011, no que respecta á aparición de obxectos estranos no río; plásticos, cascallos e outros. Aínda así no río Baa recolléronse uns 800Kg de porquería. 

A limpeza realizouse durante a mañá do domingo, dende as 10.00 ás 13.00h ,coa axuda do bon tempo. 

Sociedade