Ana Miranda acusa a Iberdrola de usar as obras do Sil para “fachendear de poder”

Ana Miranda acusa a Iberdrola de usar as obras do Sil para “fachendear de poder”

10 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Franco inaugurando pantanos”. Esta é a imaxe que se lle vén á mente á portavoz do BNG no Parlamento Europeo ao ver a desfeita que Iberdrola está a facer no embalse de Santo Estevo de Rivas de Sil, en Ourense, coa permisividade e pasividade da Xunta de Galicia. Ana Miranda asegurou esta mañá no programa Verán Fusión, de Radiofusión, qu

Á marxe de vinganzas políticas, a europarlamentaria galega asegura que o baleirado que a compañía eléctrica está a facer no Sil incumpre as normativas relativas ao medio ambiente e, por iso, o BNG presentou ante a Fiscalía de Medio Ambiente un escrito para denunciar este atentado ecolóxico. O obxectivo é paralizar a construción de novos encoros na cunca Miño-Sil, tanto no Parlamento Europeo como no galego e nas Cortes, ademais de demandar medidas urxentes para a protección deste espazo ao presidente da Xunta, Núñez Feijoo.

Miranda denuncia que este proxecto é un exemplo de insustentabilidade ao afectar gravemente ao medio ambiente e ao sector turístico da Ribeira Sacra. Afecta, de feito, a un ecosistema protexido, que forma parte da Rede Natura galega, e compromete a declaración pola Unesco desta zona como Patrimonio da Humanidade.

Ademais, e en contra do anunciado por Iberdrola, a empresa non xera ningún posto de traballo en Galicia, xa que segundo a portavoz nacionalista, os postos requiren dunha alta tecnificación.

Os nacionalistas demandarán tamén as competencias sobre a xestión da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a Xunta de Galicia, para poder "defender mellor os intereses dos nosos ríos". O BNG súmase así á loita de organizacións ecoloxistas como a Fundación Xermán Estévez ou Adega, e a Plataforma para a Defensa da Ribeira Sacra (formada por colectivos culturais, veciñais e concellos da zona).

 

Sociedade