ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A candidata do BNG para as próximas eleccións europeas, Ana Miranda, pediu ao Parlamento Europeo que promova un "IVE cultural unificado e reducido en toda a Unión Europea" e que "beneficie" aos produtos da cultura, especialmente "os do libro e os relacionados coa música". Así o explicou este venres a candidata nacionalista en declaracións aos medios de comunicación antes de visitar a Feira do Libro de Santiago de Compostela,
"Queremos que Galicia e os creadores galegos vivan do seu traballo, da cultura, da lingua e a creación", manifestou Ana Miranda antes de defender este IVE unificado que permita "abaratar un pouco a imposición fiscal que teñen este tipo de produtos".
"Non é posible que nestes momentos haxa persoas da cultura galega que estean a vivir na precariedade ou emigrando a outros países como está a ocorrer", lamentou a dirixente nacionalista antes de criticar que "a troika" e, especialmente, "os recortes do PP "provoquen esta precariedade no sector cultural".
RECORTES DO PP EN CULTURA
A candidata nacionalista ha lamentado que estes recortes se traducisen en "o peche de 47 bibliotecas, a perda de máis de 3.000 postos de traballo na industria do libro", así como na ausencia de "axudas en materia cultural" debido á "redución de investimento en industrias culturais realizada por parte do PP".
"Queremos que o Parlamento Europeo apoie á nosa industria cultural xa que non o fai o Partido Popular, que prefire ensinar Galicia a altos dirixentes de Xapón en lugar de estar coa xente que fai cultura todo o ano", sentenciou.