Ana Torroja e Loquillo actuarán o dia 24 en Ferrol

Ana Torroja e Loquillo actuarán o dia 24 en Ferrol

16 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol estreará os días centrais das súas festas de verán o día 24 deste mes de agosto cun concerto de homenaxe á música dos 80, aínda que tamén da década posterior, e que reunirá a artistas como Ana Torroja, Loquillo, Nacho García Vega e Mikel Erentxun. O concerto terá lugar no Cantón de Molíns de Ferrol ás 23.00 horas, xusto despois de que se dea lectura ao pregón, aínda que n

Será un concerto gratuíto denominado 'Un día calquera' e que se presentou este xoves ao mediodía na céntrica praza de Amboage de Ferrol, cun evento promocional encabezado polo DJ Gotchi e coa presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e os hostaleiros e comerciantes da cidade que impulsan a asociación 'Vive Ferrol' e que colabora na organización das festas.

No musical tamén participarán cantantes como Javier Gurruchaga, Alberto Comesaña de Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Santi Santos dos Limones e a banda local Pádel Rock. Será un concerto que durará máis de 3 horas.

Tickets agasallo

Durante as festas, que se prolongarán do 24 ao 2 de setembro, realizarase unha promoción na que se repartirán máis de 2.000 agasallos directos relacionados co programa de festas, entre os que se inclúen entradas para o concerto de Maldita Nerea que terá lugar o 31 de agosto en Ferrol e máis de 200 pases para coñecer aos artistas nos distintos concertos. Os tickets agasallo repartiranse en todos os establecementos asociados ás festas.

Rey Varela defendeu a colaboración con comerciantes e hostaleiros da cidade para que a programación das festas "non sexa dirixida desde os despachos, senon máis próxima á rúa".

Sociedade