Anegamentos no río Cádavo

Anegamentos no río Cádavo
14 de Novembro, 2023 - 08:49 h. | Publicada por Radio Fene

Rúas asolagadas, cortes de tráfico e mesmo algunhas vivendas inundadas é o rastro que deixaron en distintos puntos do concello de Fene as fortes chuvias. As oito e media desta mañá permanecía cortada ao tráfico a rúa Ameneiral, diante do local do Círculo de Perlío. A Policia local tamén interrumpiu a circulación noutras rúas das proximidades do río

Rúa do Ameneiral. Perlio. 8,30 desta mañá

Segundo informou Protección Civil, desde as cinco e media da tarde de onte comezaron producirse problemas debido a acumulación de auga caída. Houbo inundacións en Perlío, Maniños, Barallobre, Sillobre, Belelle, San Valentín e Fene.  No número 94 da rúa Río Cádavo a auga entrou no garaxe onde quedou atrapado  un vehículo. A auga tamén afectou a vivendas no peirao, en Maniños e a garaxes de Perlío, como o do número 4 da rúa das Cañotas. Os efectivos de Protección Civil estiveron traballando intensamente ata as catro e media da madrugada poñendo sacos e area para facerlle fronte a estas incidencias. O alcalde requiriu o apoio dos bombeiros de Ferrol e a Axega e solicitou bombas de achique para poder nesta xornada eliminar a auga acumulada en garaxes e vivendas afectadas. Segundo informa o primeiro rexedor, os bombeiros ferroláns colaboran a esta hora nesas tarefas.
 A preamar foi ás 4,24 da madrugada e repetirase ás 4,42 da tarde. A baixamar coincidirá coas 10,31 da mañá e coas 10,47 da noite.

Sociedade

Publica o teu comentario agora