Anguías a paxes

Anguías a paxes
21 de Outubro, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Monforte

As anguías son un bocado exquisito un tanto esquecido, afirmaba hai dous mil anos Caio Plinio Segundo. En vilas de río como Portomarín, que tiñan pescos, collíanas a paxes e son lenda os carros de bois cargados de anguías que percorrían o camiño de Santiago. Hoxe en día por mor dos encoros e máis pola explotación das crías – os meixóns ou angulas- a pesca é menos abondosa e o peixe non chega a madurar.

Anguías en Portomarín

As anguías, que non desovan, pódense comer todo o ano, aínda que se estiman máis no inverno, despois de Santos. Son peixes que nacen no mar, remontan os ríos e engordan. Poden cruzar o Atlántico ata o Caribe e retornar en grandes pelotóns, pequenas de corpo máis xa maduras, cuns cinco anos. Hai moitas e boas receitas, segundo apunta Fausto Galdo no libro “Abecedario das mantenzas”. Rima o pobo con sabedoría: “A anguía en empanada e a lamprea escabechada”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora