Aniceto González: “Precísase a integración do alcoholismo na sanidade pública”

Aniceto González: “Precísase a integración do alcoholismo na sanidade pública”

15 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A consideración do alcoholismo como unha doenza que se integre no Servizo Galego de Saúde. Esta é a principal reivindicación neste 15 de Novembro, Día Mundial sen Alcohol. “8 millóns de persoas en todo o mundo son alcohólicas e non se poden tratar como pacientes de segunda clase e deben ser tratados na sanidade pública e non remitilos a redes paralelas como ONG’s ou centros privados”, declarou en Radiofusión o psicólogo

A taxa de adictos ao alcohol dimuniu en Galicia un 2% nos dous últimos anos. Mudou tamén o perfil dos alcohólicos. Do bebedor de todos os días actualmente a problemática céntrase nos xóvenes que na fin de semana beben grandes inxestas de alcohol. Poucas son as persoas que, por propia iniciativa, acuden aos centros a desintoxicarse. “O alcohol é unha droga que xera unha gran dependencia pero todos poden saír”, afirmou González.

A sociedade amosa un dobre raseiro neste tema. “Tomar copas cos amigos está ben visto socialmente pero se tes un problema co alcohol es un alcohólico. Foméntanse unhas prácticas e logo a sociedade é moi critica co alcohólico/a”, explicou o psicólogo.  

O impacto social dos problemas relacionados co alcohol esixe unha resposta para a prevención e a axuda aos máis afectados por esta adicción. O Día Mundial sen alcohol supón un estímulo para a reflexión, desde todas as instancias, sobre o alcohol e as súas consecuencias.

Sociedade