ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cita cultural destacada a que protagonizará este venres Oswaldo Digón, que estará en Fene para participar no ciclo “Novembro, mes do Humor”, organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
“Ansia viva”, é o título do espectáculo que ofrecerá o monologuista e actor Oswaldo Digón dentro da programación que organiza o Museo do Humor Xaquín Marín ao redor do seu aniversario. A función comezará ás 20.00 horas. A entrada será de balde aínda que, para asistir, será preciso recoller previamente invitacións -até un máximo de dúas por persoa- na conserxería da Casa da Cultura de Fene, o mesmo venres a partir das 19 horas (aforo limitado).
Publica o teu comentario agora