Antonio e Carmen Jaspe, señores de Barallobre

Antonio e Carmen Jaspe, señores de Barallobre

30 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pintor asturiano Dionisio Fierros pinta en 1857 un retrato de Antonio e Carmen Jaspe Moscoso. Antonio tiña daquela menos de 2 anos. A familia habitaba caseque todo o ano no pazo de Barallobre ainda que no inverno acudían con frecuencia á Coruña, onde tamén tiñan casa. Co paso do tempo, Antonio Jaspe adicaráse tamén á pintura.

Os retratados son dous dos fillos de Juan Nepomuceno Jaspe Montoto e a súa esposa, familia pertencente á antiga nobreza galega por lado materno e con casa solariega no antigo pazo de Barallobre (Fene A Coruña) . A elevada condición social da familia vén sinalada tanto polo cortinaxe e a balaustrada de pedra do fondo, como por esa demostración do gusto polas formas inglesas, tan propio dos sectores máis acomodados da sociedade española do XIX, evidente no vestiario do neno con saia escocesa e no coidadoso debuxo das figuras. Nesta obra destaca a habilidade de Fierros para o retrato infantil.

Sociedade