Anxo Lorenzo e Senén Barro asinan un convenio para impulsar a investigación científica sobre o galego

Anxo Lorenzo e Senén Barro asinan un convenio para impulsar a investigación científica sobre o galego

23 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as dúas entidades que ten por obxecto impulsar a investigación científica sobre o galego a través do Instituto da Lingua Galega (ILG). O acto celebrouse no salón reitoral da entidade académica e nel participou tamén a directora do

A través deste acordo coa USC, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación achega axudas destinadas a avanzar en distintos traballos que se están a desenvolver no ILG, como son a continuación do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), unha base de datos lexicográfica, o mantemento do Tesouro Informatizado da Lingua Galega e do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega, traballos relacionados co Corpus romance da Galicia Medieval e mais co proxecto do Arquivo do Galego Oral.

O ILG é un centro de investigación lingüística sobre a lingua galega que xurdiu en 1971 dentro da Universidade compostelá. O labor que se leva a cabo a través deste instituto distribúese en diversas seccións, que abarcan os campos da Lexicografía, a Xeografía lingüística e Dialectoloxía, a Onomástica, a Fonética, a Gramática, a Sociolingüística e a Historia da lingua.

Institucional