Aparece o corpo dunha das tres persoas desaparecidas en Valdoviño

Aparece o corpo dunha das tres persoas desaparecidas en Valdoviño

07 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Efectivos de Salvamento, Garda Civil, Bombeiros e Protección Civil buscan aínda a dúas persoas na zona do faro da Frouxeira, en Meirás (Valdoviño), que caeran ao mar arrastradas pola ondada. O corpo dunha terceira foi rescatado contra as dúas da pasada madrugada.

Segundo sinalaron fontes de Salvamento Marítimo, recibiron o aviso dun particular ao 112 ás 18.39 horas, e o operativo está sendo coordinado polo Centro de Salvamento de A Coruña, e ao lugar enviouse o Helimer 209 e o buque Sar-Gavia, ademais de efectivos de Protección Civil que se atopan en terra. O alcalde da localidade, José Antonio Vigo, que se desprazou á zona tras coñecer o suceso, sinalou que o trío de desaparecidos conformábano tratarse dun pai e a súa filla, ademais dun cuñado da familia. Ademais, segundo informou Salvamento, unha cuarta persoa, filla dese cuñado, caera á auga, aínda que conseguiu poñerse a salvo. Foi trasladada ao hospital de Ferrol Arquitecto Marcide. No lugar tamén traballou un helicóptero da Garda Civil, así como efectivos en terra. Os bombeiros de Ferrol igualmente desprazaron a unha unidade ata o lugar.
Segundo conta o xornal La Voz de Galicia, os membros da familia visitaban a zona do faro de Meirás, malia o temporal, para velar as cinzas dun parente morto. As tarefas de rescate dos desaparecidos, que se retomaron coas primeiras luces da mañá, poderían estenderse hoxe até a zona do areal de Pantín, cara onde arrastran as correntes.
Ademais, a lagoa da Frouxeira, tamén en Valdoviño, rebordou definitivamente logo dos asolagamentos das últimas xornadas que deixaron incomunicados a varios veciños. Afortunadamente, a lagou rompeu cara o mar, pola saída natural, de tal modo que non houbo que lamentar danos persoais ou materiais nas vivendas da contorna.

Sociedade