Aparece sen vida un dos desaparecidos no Orzán

Aparece sen vida un dos desaparecidos no Orzán

27 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Salvamento Marítimo atopou minutos antes das 9 da mañá na enseada do Orzán na Coruña 1 dos 4 desaparecidos. Continuan os labores de búsqueda das outras persoas desaparecidas no mar ás 5,30 desta madrugada.

Un mozo entrou na auga de madrugada, ao parecer pola súa vontade. Ao ter dificultades para sair, reclamou axuda. Tres  policías botaronse ao mar para tratar de axudalo, segundo os datos facilitados por fontes de Salvamento.

Os primeiros datos que transcenderon apuntan a que o mozo entraría na auga ao redor das 05.30 horas -ao parecer xunto a outras persoas que sairían polo seu propio pé- e, ao ter problemas para saír, o tres axentes entrarían para axudarlle.

Os efectivos de Salvamento están a rastrexar por terra e mar a zona de Orzán e Riazor en busca dos desaparecidos. Na zona hai un helicóptero, varias ambulancias e tamén vehículos policiais e de bombeiros.

Sociedade