Aprender en góndola

Aprender en góndola

08 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Teresa e Paula, alumnas de 3º da ESO do IES Fene marchan a finais deste mes con destino a Venecia para vivir a experiencia do programa europeu Comenius no que o centro fenés participa con outros institutos de Roterdam, Venecia ou Illa Reunión. O Oceano Atlántico, o Mar Mediterráneo e o Índico, teñen algo que ver no traballo escolar que se traen entre mans os estudantes.

En común teñen estas localidades vivir cara ao mar, porque ese é o tema que traballan en común os estudantes europeus. Ata agora fixéronno a través de Internet pero o dia 20 de abril comenzan o intercambio, en carne e oso.

A profesora do IES Fene,Cristina Fernandez, é a responsable deste programa educativo chamado “Acción Sócrates”. Ela mesma explicou que se trata de aprender, coñecer as diferentes culturas e ao mesmo tempo ir unificando os plans educativos dos diferentes paises da Unión Europea.

As alumnas Paula e Teresa son as elexidas a través dun sorteo para representar ao IES de Fene en Venecia, onde pasarán unha semana, do 20 ao 27 deste mes.

Sociedade