Apretada axenda na XXII Semana Cultural de Esmelle

Apretada axenda na XXII Semana Cultural de Esmelle

29 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arrinca en Esmelle a súa XXII Semana Cultural organizada pola Asociación de Veciños “Valle de Esmelle”coa colaboración da Asociación de mulleres “Rio Daneiro” e o Centro BTT Valle de Esmelle. O programa de actividades ábrese mañá ás oito do serán coa exposición Copa de Viño. Media hora máis tarde proxectarase o filme

O sábado os actos estarán protagonizados polo deporte, como tenis de mesa, tute e dominó. Para rematar coa fin de semana, o domingo ás 9:30h, terá lugar a ruta polos muíños do Esmelle. Pola tarde o protagonista será o futbol e ás oito e media o teatro coa representación de “A herdanza de Xan”. O luns, 1 de agosto a programación continúa ás sete da tarde, cun maratón de chave e ao día seguinte desenvolverase unha ruta ata o Muíño do Ferreiro onde se merendará ao son das gaitas de Raparigos. Ás oito e media do serán o grupo de Teatro Fas-que fas, representará a comedia político-amorosa “Catro Pezas”. Los Fabulosos Cubatas de Focking Brothers amenizarán a velada do xoves 4 de agosto. Obradoiros, concertos, talleres e festas infantís prolongarán esta semana cultural 2011 ata o venres 5 de agosto. Ese día, á noite, celebrarase a Festa da Cantina coa degustación de mexillóns. A celebración pon o punto final entre o sábado 6 e domingo 7. O sábado, ás 10 da mañá, arrinca a roda BTT en familia. Pola tarde haberá mercado de venda e troco e unha sardiñada con verbena arrufada por Melao Caribeño. O derradeiro día, o domingo 7 de agosto ás catro da tarde, partirá  a roda BTT ciclocultural por equipos de 2 persoas. A clausura da Semana Cultural de Esmelle 2011 pecharase ás oito do serán coa entrega de agasallos.

Sociedade