Aprobada a organización

Fene xa ten organizados os órganos de goberno para poñerse a traballar no novo mandato.
12 de Xullo, 2019 - 10:47 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene celebrou o seu pleno de organización.  Aprobou a creación de catro comisións informativas permanentes e as retribucións dos integrantes da corporación.

ESCOITA O PODCAST:
BNG2019

O concello de Fene conta xa cos seus órganos de goberno, despois de aprobarse a organización que acordaron previamente todos os grupos políticos. Créanse tres grandes áreas  de goberno e  catro comisións informativas permanentes (de Desenvolvemento Territorial e do Medio; Organización e Seguridade; Dinamización Social e Transparencia, e Dinamización Económica), así como a Especial de Contas. Celebraranse mensualmente, a semana previa ao pleno ordinario. A de Organización e Seguridade e a de Dinamización Económica os luns en horario de mañá e a de Dinamización Social e a de Desenvolvemento Territorial, os martes en horario de tarde.

Desenvolvemento territorial e do Medio comprende as subáreas seguintes: Urbanismo e vivenda, Obras, Servizos, Cemiterio e Medioambiente. Organización e Seguridade contempla as áreas de Persoal e Seguridade. Dinamización social e transparencia contempla as subáreas de Cultura, XuventudeDeportes, Ensino, Participación cidadá, Benestar Social e Igualdade. A comisión de Dinamización económica comprende; Contratación pública e coordenación da licitación, Facenda e Patrimonio e Promoción económica.

Manteranse as dúas adicacións que xa había. O alcalde contará con dedicación exclusiva de 41.405,85 euros brutos anuais e acordouse unha adicación parcial de 20.795,01 euros brutos anuais cunha dedicación mínima diaria do 75% da xornada laboral.

Establecéronse as asignacions aos grupos políticos en 172,46€ e 40,50€ mensuais a cada concelleiro-a. Manténse a contía das percepcións dos edís (que non desempeñen cargos con dedicación) por asistencia aos diferentes órganos colexiados dos que formen parte. Por asistencia a pleno ordinario 400€/sesión; a pleno extraordinario, 80€. Pola concorrencia á Xunta de delegados cobra cada edil 336€/sesión; á Xunta de goberno local, 25€/sesión e á Comisión informativa, 50€/sesión.

Para deixar sentado o seu malestar polos retrasos e pola proposta inicial que rexeitaron, os grupos da oposición ou ben abstivéronse ou ben votaron afirmativamente so os portavoces de cada grupo, coa intención de que Fene teña a organización do goberno ultimada para empezar o novo mandato.

Institucional

Publica o teu comentario agora