Aproveitar a inercia

Aproveitar a inercia
24 de Maio, 2022 - 12:13 h. | Publicada por Radio Fene

Soldadura e calderería do IES de Fene participa un ano máis no Hiperbaric Challenge. Este ano celébrase os dias 3,4 e 5 de xuño en Burgos. Teñen que deseñar, construir e pilotar unha carrilana, un coche de inercia. Dez persoas do centro viaxarán ata a localidade burgalesa, segundo explicaron esta mañá os alumnos Martín García Sánchez, Damián Vázquez Pena e o profesor Daniel Bogo. 

ESCOITA O PODCAST:

O desafío educativo Hiperbaric Challenge, dirixido a mozos de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Básico, Medio e Superior de toda España, pretende espertar a súa curiosidade científica animándoos a deseñar e construír un prototipo de coche de inercia. Un xurado avalia os vehículos que se poñen a proba na carreira que terá lugar en Burgos os vindeiros 3, 4 e 5 de xuño. A IX edición de Hiperbaric Challenge celebrase durante o curso 2021-2022 despois de dous anos sen celebración pola pandemia do coronavirus.

Sociedade

Publica o teu comentario agora