Aqueles marabillosos anos

Aqueles marabillosos anos
17 de Xullo, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Abordar as lembranzas da época dos anos oitenta e noventa, pero botándolles un chisco de sal. Niso consiste o espectáculo de Xan Veiga, monologuista de Arzúa. Ten compartido escenario con Carlos Blanco, Rober Bodegas e Marianico el Corto. De todos eles aprendeu, pero busca un estilo propio, branco, galego e sobre todo cercano. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Trátase dun espectáculoo que se adapta ao público e que tira de vivencias propias, segundo declarou a Radio Fene Xan Veiga que actuou no Fussión, na avenida Marques de Figueroa o pasado venres. O cómico xa ten visitado distintos lugares da comarca con anterioridade. En Fene, por exemplo, xa pasou polo Museo do Humor Xaquin Marin. 

 

Imaxe: Festas dos Santos. Perlío. 2023.

Fotografía Xan Xe

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora