Ares inicia a construcción do novo Centro de Maiores

Ares inicia a construcción do novo Centro de Maiores
29 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Primeiro foi a rehabilitación da Casa do Patín para convertila na Casa da Xuventude, despois a reforma da praza da Constitución, que se convertiu nun espazo de xogo e esparcimento, e agora tócalle o turno ao outro edificio público que se atopa neste entorno, o antigo consistorio aresán. Atópase en fase de execución a primeira fase deste proxecto para convertir o baixo nun Centro de Maiores. A empresa Construcciones y Reformas Villa Rodrígu

Esta actuación resposta á necesidade de trasladar dito centro do lugar no que se atopa ata estes momentos a outro punto da vila moito máis céntrico e, polo tanto, accesible para as persoas maiores do pobo. A intervención resposta a un convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación, que aportará 40.000 dos 52.133,60 euros da mesma. Segundo o proxecto, neste baixo, de 142,20 metros cadrados de superficie construida, incluido o patio, e case 120 de superficie útil, contempla unha ampla zona de lecer e esparcimento con sofás a mesas, un almacén e dous aseos –un deles adaptado-. O centro de maiores será accesible para que todos os usuarios e usuarias poidan facer uso das instalacións municipais.

O proxecto de reforma do antigo concello contempla dúas fases máis. Así as cousas, a segunda está deseñada para albergar no primeiro andar un centro de comerciantes –para iso, solicitouse unha subvención á Consellería de Industria e Comercio-, que inclúe tres despachos de seis metros cadrados cada un, dúas salas de reunións –unha de 23 metros e outra de 14-, un distribuidor de case 35 metros cadrados e un aseo.

Finalmente, a terceira fase é para a reforma do segundo andar. Neste caso, o goberno local pretende convertir este espazo nun centro cívico, con tres despachos e unha sala de 32 metros cadrados. Un distribuidor de 28 metros cadrados, un baño e un área para acoller unha radio municipal completan este andar.

Sociedade