AreSolidario organiza un Magosto solidario con Senegal

AreSolidario organiza un Magosto solidario con Senegal

03 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na praza da Constitución de Ares celebrase na tarde do sabado o Magosto Solidario, organizado polo colectivo AreSolidario. Se continuase o mal tempo, se celebraría na pista cuberta do CPI Conde de Fenosa. Ás catro da tarde saírán as carrozas que están a elaborar os integrantes da Asociación Cultural O Tilo e que percorrerán as principais rúas da vila ata chegar ao lugar do magosto. Unha inciativa, a segunda, despois da chiculatada solidaria

A iso das seis da tarde, levaranse a cabo as actuacións da Rondalla Trovadores, do dúo Volga-sound, o Grupo de Gaitas Aresán, Elvis Presley Solidario e o Grupo de baile de danza do ventre. Tamén haberá unha actuación dun grupo senegalés, que mostrarán a música e o baile típico deste país africán.   

A celebración do tradicional concurso de cabazas –infantil e de adultos- será outro dos pratos fortes da xornada. De feito, dende as cinco da tarde e ata as 18.30 horas permanecerá aberta a inscripción dos participantes neste concurso, que se fallará ás sete da tarde. Sobre esa hora comezará a degustación de castañas e de licores e postres caseiros –doados por veciños e veciñas para esta festa- cuxos prezos serán de dous euros para as castañas con bebida, e dun euro para o licor ou o postre.

Tamén está previsto o sorteo de cestas con produtos típicos da terra; sorteo que se celebrará antes do fin de festa, previsto para as nove da noite. Outro proxecto de AreSolidario terá como destinatario o  Centro de Mulleres Maltratadas Concepción Arenal de Ferrol, que, como aseguraron os representantes da agrupación local, se atopa nun estado moi precario.

Sociedade