Aromas de bidueiro afuman en Vilalba o mellor queixo de España

Aromas de bidueiro afuman en Vilalba o mellor queixo de España

01 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Nin sequera o predicamento relixioso de San Simón chegou tan lonxe como a sona do queixo que toma o seu nome, cuxa fórmula perfeccionou a Queixería Catadoiro de Vilalba. Así o vén de recoñecer o Ministerio do Medio Ambiente, Rural e Mariño, que lle concedeu a este produto lácteo galego o premio Alimentos de España ao Mellor Queixo do ano 2009. O galardón só certifica o éxito dunha delicatessen con denominació

O mellor entre todos os queixos é “un tradicional San Simón”, considera Rei, quen, non obstante, accede a debullar algunha das caraceterísticas que o distinguen doutros produtos menos selectos: “está feito con leite de vaca, cúrase durante 45 ou 60 días e afúmase con madeira de bidueiro dunha maneira moi peculiar”. O procedemento exacto do Catadoiro non o revela, pero si explica que o proceso haino que facer con “madeira, madeira”, para que o petisco colla o toque cremoso e con sabor a fume que o caracteriza.

Malia que a distribución do Queixo Catadoiro chega en pequenas cantidades a case que todo o mundo, “non é un queixo para estar todos os días na mesa”, aclara Xesús Rei. O mellor queixo de todo o Estado pódese atopar nas tendas a prezos que varían entre os 18 e 25 euros por peza.

Sociedade