Arpa, zanfona e gaita protagonizan o Congreso do Toxos e Froles

Arpa, zanfona e gaita protagonizan o Congreso do Toxos e Froles

22 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Rodrigo Romaní, Pablo Quintana e Pablo Carpintero son os músicos elexidos polo Real Coro Toxos e Froles de Ferrol para participar no VI Congreso de Música Tradicional “Terra de Trasancos” que se celebra este sabado 25 de outubro, dende as sete da tarde no local do Toxos da rúa Magdalena.  Abrirá Romaní disertando sobre a Arpa na música galega; seguiralle Quintana para falar da zanfona e por fín Pablo Carpintero, sobre as gaitas d

Rodrigo Romaní: " A arpa na música galega"

Rodrigo Romaní destaca por ser membro fundador de Milladoiro (1979-2000) e creador do Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo (1996), coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia (2002-2003). Como solista ten publicados 3 traballos: “Albeida” (2001), “Cantos Caucanos” (2003) e “As arpas de Breogán” (2012). Como arpista ten actuado coa Sinfónica de Galicia, coa Real Filharmonía e RTE Orchestra.

Pablo Quintana: "Novas sobre a zanfona e os cegos, na música popular de Galicia"

Estudioso da cultura popular, Pablo Quintana, realizou importantes investigacións sobre o patrimonio material e inmaterial, como demostra nas diversas publicacións das que é autor: “Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular” (2010), “Tejeduría tradicional en Galicia. El telar y la técnica” (2012), … Na súa vertente musical coordinou a serie etnográfica “Recolleita” (Ruada 1981). No 1982 grava o disco “O cego andante”. No eido audiovisual dirixiu e guionizou diversos traballos como “Tocar pechado na gaita” (1984), “Bomobos e bombeiros” (1988) , … tamén ten colaborado en diversas emisoras de radio en programas divulgativos sobre a música tradicional.

Pablo carpintero: " A tipoloxía das gaitas de fol en Galicia"

Pablo Carpintero, gaiteiro e constructor de gaitas, é diplomado en Historia da Música. Traballou no Proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia (2006-2010). Asemade é consultor da UNESCO sobre Patrimonio Cultural Inmaterial. Autor de diversas publicacións, entre as que destaca “Os instrumentos musicais na tradición galega”, que recibiu o Premio Antón Losada Diéguez (2009).

Sociedade