Arriva Noroeste moderníza as estacións de autobuses

Arriva Noroeste moderníza as estacións de autobuses

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Arriva Noroeste presentou este mediodia en Ferrol as primeiras pantallas interactivas táctiles das estacións de autobuses galegas, que tamén entran en funcionamento na Coruña, Santiago e Lugo. Con esta iniciativa, a compañía reafirma a súa aposta pola tecnoloxía para facilitar aos usuarios a accesibilidade e consulta de información práctica sobre liñas, paradas e horarios.

Á presentación asistiron o director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Miguel Rodríguez Bugarín, e o alcalde do Concello de Ferrol, Vicente Irisarri.
Estas pantallas táctiles, situadas nos despachos de billetes das estacións, permiten aos usuarios de Arriva Noroeste consultar as paradas, horarios e tarifas que afectan aos máis 80 municipios polos que discorren as liñas regulares de Arriva en Galicia. Nesta base de datos manéxanse máis de 1.000 paradas e 13.000 itinerarios.

Sociedade