Arte e hórreos nunha única exposición

Arte e hórreos nunha única exposición
08 de Decembro, 2023 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

Documenta Hórrea. Proxecto Magalofes”. Unha exposición arredor dos hórreos inaugurase este sábado ás seis da tarde na Asociación Veciñal de Magalofes. A través das fotografías de Xan Xe, das creacións de Juan Sobrino, Andrea Pena, Verónica Garcia, Alejandro Coedo, Malena Carballo e dos alumnos e alumnas de Laudas Calamity. Coa carpintería de Antonio García, e comisariada por Laura Bouza, a imaxe do hórreo volve ser o centro da arte, a verdadeira realidade. 

Fotografia Xan Xe

Organiza a mostra Son Radiofusión, Laudas Calamity e Radio Fene coa colaboración do Concello de Fene, Deputación de A Coruña e da Asociación Veciñal de Magalofes. Os organizadores indican que “desde o punto de vista arquitectónico, o hórreo foi a dependencia máis importante da casa labrega, a de maior interese espacial e construtivo e na que se manifesta o sentido plástico e a fantasía. Constitúe, unha das achegas máis significativas á hora de conformar a paisaxe galega e un elemento peculiar da nosa xeografía”. Hai un movemento (Rede Hórrea) que quere que se recoñezan os hórreos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Lendas, ritos, traballos asociados e foliadas son parte da riqueza que rodea estas edificacións. Recibe nomes diferentes segundo as zonas e as súas feituras: cabaceira, cabaceiro, cabazo, canastro, canizo, celeiro, espigueiro, palleira ou piorno. 
 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora