A Asociación Cometa dá pasos para a construcción do refuxio de animais na comarca de Ferrol

A Asociación Cometa dá pasos para a construcción do refuxio de animais na comarca de Ferrol

30 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Cometa inaugura este mércores 1 de decembro unha exposición benéfica de pintura que permanecerá aberta ao público no Centro Dolce Vita Odeón de Narón durante todo o mes de  decembro, co obxectivo de obter fondos para a construción dun refuxio de animais. O dia 11 de decembro; "Día polo dereito dos animais" terán alí  mesas informativas o mesmo que no centro de Ferrol. Aínda neste m

A exposición

O mércores día 1 de decembro, a partir das 6 da tarde, inaugurase a exposición onde estarán presentes tanto os artistas que doaron as súas obras como persoal da asociación. A exposición benéfica de pintura permanecerá desde o 1 até o 31 de decembro no centro comercial Dolce Vita de Narón.  As obras foron doadas por diferentes artistas de renome  co obxectivo de que a Asociación Cometa recolla fondos para un proxecto ambicioso, pero moi necesario nesta comarca se queremos evitar o sacrificio de animais abandonados. María Sanchez, colaboradora de Cometa, afirma que máis de 20 pintores se sumaron á causa.

O refuxio.

ometa ten en marcha  a construción dun refuxio digno e sen sacrificios, cun programa de adopcións adecuado. A asociación Cometa posúe en propiedade un terreo , en parte construído, o que lles deixaron legalmente até a data, e agardan a concesión da licenza de recollida de animais, xa tramitada, para poder poñer en marcha o refuxio, segundo a presidenta de Cometa, Yadira Tenreiro.

A Asociación Cometa leva a cabo campañas de educación e sensibilización para aumentar a conciencia no respecto aos animais. Realiza conferencias, cursos e publicacións que acheguen información para axudar na convivencia cos nosos animais. Dispón ademáis de axuda telefónica ou por correo electrónico en casos de denuncia por malos tratos, problemas coas nosas mascotas, lexislación, comunidades de veciños, etc. Pero o proxecto máis ambicioso nesta comarca, se queremos evitar o sacrificio de animais abandonados, é poñer en marcha a construción dun refuxio digno e sen sacrificios, cun programa de adopcións adecuado.

Sociedade