Ata que o corpo aguante no Festifolc de Mugardos

Ata que o corpo aguante no Festifolc de Mugardos

18 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un día e unha noite enteira da música do país con con boas racións de comida e actividades de todo tipo ofértanse mañá sábado no campo da festa de San Xoán de Piñeiros (Mugardos) coa IV edición do Festifolc. Un festival, que a pesar de contar con poucos anos de vida, consolídase como un dos referentes da música folc e galega da comarca de Ferrolterra. Unha cita xurdida da semente dun grupo de amigos para potenciar a m

Os ponteses Muxarega repiten este ano no festifolc tras a súa participación o ano pasado. O cartaz do festival complétase con Ruxe-Ruxe, que presentará o seu último disco, Os 3 trebóns, Os homes sen medo e Ultraquáns. A partir das dez da noite subirán ao escenario nun concerto que rematará ben entrada a madrugada do domingo.

O festifolc congrega moitas outras actividades. Arredor de dúas ducias de stands daranse cita na feira de artesanía medieval que se instalarán nun recinto ao ar libre desde primeira hora da mañá. Non faltarán xogos populares para animar a xornada como un aberto de billarda ou unha cucaña. O centro da Asociación de San Xoán de Piñeiros acollerá unha exposición de Bonsais cedidos por amantes desta arte. Ao mediodía renovaranse folgos cun xantar popular contundente para  aguantar  toda a tarde-noite de xolda. O apartado musical ábrese ás cinco da tarde coas Cantareiras de Algarabía, Fiuncho e Boj. Estes tocarán ata pouco antes do comezo do Festifolc propiamente dito. O concerto arrinca ás dez da noite cos 5 grupos participantes sen hora prefixada de remate.

O evento conta con carpa, zona de acampada libre, aparcadoiros. Se alguén dubida qué facer na fin de semana anterior ao San Xoán que se pase por San Xoán de Piñeiros mañá sábado. Festa, comida, xolda e boa música están agardándolles.

Sociedade