Auga, terra, aire e lume

Auga, terra, aire e lume
26 de Abril, 2024 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Pezas de cerámica realizadas ao xeito tradicional, con barro de Buño, decorado con engobes e cunha visión actual. Expóñense ata o vindeiro luns, inclusive, na Casa da Cultura de Fene. Forman parte da exposición “Auga, terra, aire e lume”, os catro elementos imprescindibles para a cerámica, destaca a directora da escola de cerámica da asociación Cerámica e Máis de Fene, Carme Romero.

 

ESCOITA O PODCAST:

Esculturas, cuncas, xerros e figuras ás que deron vida as mans e a creatividade do alumnado da escola de cerámica da asociación Cerámica e Máis de Fene. A colección inclúe tanto obra artística como utilitaria. Came Romero indicou que o 20% obras que fai o alumnado son artísticas, o resto máis de uso, para agasallar. “E bonito agasallar algo teu, personalizado”, engade. A mostra pode visitarse na Casa da Cultura de Fene no seguinte horario: de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e o sábado, de 10.00 a 13.00 horas

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora