Augas Limpas organiza un roteiro polo concello de Neda

Augas Limpas organiza un roteiro polo concello de Neda

25 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Este sábado 29 de Agosto a Agrupación de Montaña “Augas Limpas” organiza un roteiro na comarca de Trasancos. Concretamente, a ruta discorrerá polo concello de Neda, pasando polas rúas do centro histórico, polo val do río Belelle e polo castro de Vila Donelle entre outros puntos.

A expedición partirá da Casa do Concello de Neda ás 9:30 da mañá. O percorrido será de 20 km e terá unha duración aproximada de 7 horas, incluíndo as paradas para xantar e descansar. A dificultade é media-baixa polo que haberá algúns tramos de subida. A Asociación lembra que os participantes deberán levar material cómodo para camiñar e roupa adecuada para a situación climatolóxica do día, así como 2 litros de auga por persoa. Tamén se recomenda levar prismáticos xa que a expedición pasará por miradores nos que se pode ver case por completo a comarca.

Deportes