Aumentan beneficios pero pechan oficinas

Aumentan beneficios pero pechan oficinas
27 de Agosto, 2021 - 11:24 h. | Publicada por Radio Fene

San Valentin únese á protesta contra o peche das sucursais bancarias. Acudirán á acción convocada por Zas, Vimianzo e A Baña para o próximo xoves 2 de setembro. Ás 11.30h haberá unha concentración no Obelisco da Coruña. Despois avanzarase en manifestación até as oficinas centrais de Abanca na Rúa Nova, situadas a escasos 100 metros.

Abanca anunciou o peche da oficina de San Valentín para o 8 de setembro

O Concello de Fene porá a disposición da veciñanza que queira asistir un servizo de autobuses que requirirá inscrición previa -ata o martes- no CPS de San Valentín ou na farmacia do barrio. O xoves sairán ás 10:30h de diante da oficina agora pechada. Ademais tamén está previsto levar a pleno unha nova declaración institucional reclamando o mantemento dos servizos bancarios tanto en San Valentín como no resto do municipio por unha razón "de xustiza social e histórica", manifestou o alcalde de Fene, Juventino Trigo. 

"ABANCA é unha corporación financeira que se construíu a prezo de saldo sobre o que noutro tempo foi Caixa Galicia, unha caixa de base social que axudou a erguer Galicia cos aforros da xente traballadora. O que está pasando agora non é de recibo, ABANCA ten unha responsabilidade adquirida de servizo á veciñanza que se debe manter, especialmente en zonas como San Valentín onde hai moitas persoas maiores que só teñen ese banco preto da casa. E máis aínda despois de anunciar beneficios multimillonarios e tendo en conta que aínda está pendente de devolver o rescate bancario de Novacaixagalicia, que o pagamos todas e todos nós", sentenzou o rexedor.

Institucional

Publica o teu comentario agora