Aute cantado en catalán

Aute cantado en catalán

16 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O ciclo “Músicas dos Mundos” trae o dia 3 de decembro ao Teatro Jofre de Ferrol aos cantautores Luis Eduardo Aute e Joan Isaac, que presentarán ao público o traballo discográfico “Auteclàssic”.Inclue as cancións máis emblemáticas de Aute en catalán. As entradas poránse á venda mañán no teatro ao prezo de 10 €.

Joan Isaac e Luis Eduardo Aute subiranse ao escenario para presentar un disco íntimo: o último do cantautor catalán que inclúe doce  das cancións máis emblemáticas de Aute traducidas ao catalán. Entre estas, “D'alguna manera”, “Les quatre i Deu”, “Passava per aqui”, “La bellesa”, “Una de dues”, ou “A l'alba”, entre outras.

O traballo naceu da necesidade de Joan Isaac de experimentar cunha lectura diferente das cancións dun dos grandes cantautores dos nosos tempos e renderlle homenaxe. “Auteclàssic” presentouse en agosto de 2009 nun concerto solidario en beneficio de ACNUR, Axencia da ONU para os refuxiados, no marco do XXIII Festival Castell de Peralada (Gerona). Agora poderase escoitar en Ferrol.

Dende o respecto máis profundo e o rigor máis exhaustivo na adaptación ao catalán das súas cancións, Joan Isaac e o mesmo Aute cantarán as cancións máis emblemáticas deste último, acompañados de piano e dun cuarteto de corda. Será no Jofre, o venres 3 de decembro. Mañán póñense á venda as entradas.

Sociedade