Aventuras na cociña na biblioteca de Fene

Aventuras na cociña na biblioteca de Fene

23 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A biblioteca muncipal de Fene festexa o Día do Libro cun contacontos a cargo de Trinke Trinke Teatro, que traen esta tarde a Fene “Aventuras na cociña”, a través dos contos relacionados coa alimentación sana, segundo a bibliotecaria municipal, Sonia Iglesias.

A sesión empezará ás seis da tarde e acollerá a un público entre 3 e 10 anos. Sesións de contacontos, como esta do día 23, soen ser multitudinarias na biblioteca de Fene. Entre 50 e 100 persoas enchen as instalacións e crean de inmediato novos lectores e usuarios.

Sociedade