Axenda cultural da fín de semana en Fene

Axenda cultural da fín de semana en Fene

17 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pavillón de San Valentín acolle esta tarde a I Exhibición de bailes de salón e baile moderno de Nadal “Concello de Fene”. Seis parellas de baile e oito escolas ou grupos de bailes de salón e baile moderno participan no encontro, previsto para as cinco e media. Organiza a  Concellaría de Deportes en colaboración co monitorado responsable da escola municipal de bailes latinos.

Tamén cantan as corais no XI  Festival de Panxoliñas na igrexa parroquial de Maniños. Actúan as seis agrupacións do concello de Fene, a partir das 7,30  : Rondalla Perla del Río; Coral Eterna Xuventude; a do CPS de San Valentín; Rondalla estrelecer; Coral polifónica Agarimo e a Coral do Pote.

Os socios -as do Centro sociocomunitario de Fene celebran  a esta hora un xantar especial de Nadal. O baile comeza ás 5,30 amenizado polo grupo Contraste. No descanso sortearanse 10 cestas de Nadal.

Festival de Panxoliñas na sociedade Agarimo de Sillobre mañán domingo ás 7 da tarde. Coa anfitriona, a coral Agarimo estarán a Coral Areosa e a Coral Amistad da AVV Couto . Pero quizás a nota singular deste Festival de Panxoliñas será a actuación do Coro infantil de Agarimo, que será o encargado de abrir o festival mañán ás 7.

Lembramos que a Asociación Veciñal de Perlío celebra esta tarde o Dia da Infancia. Servirán no seu local social, na Praza da Escola, chiculate con churros de xeito gratuito para pequenos e maiores.

Sociedade