ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pensas en emprender ou ampliar o teu negocio? O Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ártabro norte informa de axudas existentes para esta zona relacionadas co mundo do mar e do turismo. O GALP quere contribuir a crear emprego contando para iso con axudas do Fondo Europeo e Marítimo da Pesca 2014-2020. O prazo para a presentación de iniciativas este ano remata o 1 de marzo. As subvencións poden chegar ata o cincuenta por cento do total do investimento. Para informar dos requisitos o GALP organiza unha Xornada que terá lugar este xoves pola tarde na Casa do Pescador na rúa Curro, 33 de Miño. É necesaria a inscripción previa no teléfono 981 784417 ou no correo electrónico galpgolfoartabronorte@gmail.com.
O GALP Golfo Ártabro Norte, é unha entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 2015. Colabora coa Consellería do Mar para recabar axudas da Unión Europea. Programa do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP 2014-2020). O seu ámbito territorial atinxe a Narón, Ferrol, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Miño e Paderne. Aparte de realizar todas as actividades para a xestión das axudas do Programa FEMP 2, como entidade colaboradora, o GALP segundo os seus Estatutos desenvolve accións de sensibilización do tecido socioeconómico das zonas pesqueiras. Tamén organiza seminarios, conferencias, xornadas, investigacións e estudos relativos á problemática do desenvolvemento integral da área costeira.
Publica o teu comentario agora