Aymerich: O PSOE sube a luz e o PP sube a auga

Aymerich: O PSOE sube a luz e o PP sube a auga

25 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moita espectación veciñal en Sillobre- Fene- para informarse sobre a Lei de Augas. Perto dun cento de persoas escoitaron as explicacións do protavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich e o candidato á alcaldia de Fene, Juventino Trigo. Para os nacionalistas a nova Lei ten un fín exclusivamente recadatorio. Para o único que se crea é para poñer novos impostos aos veciños que teñen auga de pozo ou de traída; o do cánon d

Carlos Aymerich afirmou en Sillobre- Fene- que para colmo quen ten que dar a cara son os concellos porque o novo imposto se cobraría a traves do recibo da concesionaria. Coa Lei na man explicou que o PP deu marcha atrás, aprazando a aplicación do cánon, grazas ás movilizacións que se realizaron pero apostou cos presentes a que despois das eleccións municipais empezan a cobrar. Por qué? porque xa están feitas as contas de antemán e as previsións din que daquí a cinco anos quérese triplicar a recadación.

Cos númneros na man, o portavoz do BNG calcula que unha vivenda de tipo medio pagaría ao ano 147 €. Unha curiosidade é que ás industrias, as que consumen moita auga e emporcan os rios, esta lei case non lles afecta, segundo palabras de Carlos Aymerich. Para un veciño normal e corrente o novo imposto suporía unha suba do 365% sobre a carga da auga. Para unha industria, a suba da carga tributaria é do 19%.

Aínda hai algo peor, segundo palabras de Aymerich, que "a aplicación da lei vai envelenar as relacións entre veciños, porque hai moitos pozos sen declarar no noso país". Unha das enmendas parciais presentadas á lei por parte do BNG era abrir un prazo razonable para legalizar os pozos, pero foi rexeitada polo PP. “Hai que seguir informando, recollendo sinaturas e movilizandonos” contra esta lei inxusta, concluíu o portavoz do Bloque.

Sociedade