Azafrán, o ouro vermello

Azafrán, o ouro vermello
18 de Maio, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O azafrán é unha das especias máis estimadas. 

O azafrán é unha especia derivada dos tres estigmas secos do pistilo da flor de Crocus sativus, una especie do xénero Crocus dentro da familia Iridaceae. O azafrán dos árabes veu de Oriente e aparece xa na Biblia. Os gregos considerábano un perfume sensual, esparexíano en patios e teatros, e as rúas de Roma foron rocie¡adas de azafrán cando Nerón entro una cidade. Serviu de moeda para os trocos dos comerciantes fenicios e dos viaxeiros da Idade Media que os levaban en bolsiñas cosidas nas dobras da roupa, a modo de garantía, como pasou en América cos graos de cacao. Para xuntar un quilo da especia, precísanse máis de 250.000 estigmas da rosa do azafrán. O seu recendo é moi penetrante, o sabor mellora os alimentos que se tinguen dun ton marelo vermello, especialmente o arroz e a pasta, aínda que tamén a carne e o peixe.

En 2010 o prezo do chamado “ouro vermello” roldaba os 3.000 euros o quilo en España. O azafrán cultívase en Galicia, aínda que pouco. Así se amosaba na Exposición Rexional de Lugo en 1896, co que se recollera naquel ano en Chantada. Hai quen o cultiva de xeito privado. O azafrán utilízase para dar cor á sopa de fideos, ao arroz con carne, aos guisos de carne, aos callos e aos macarróns. 

Dise no Cantar dos Cantares: “Nardo e azafrán, canela e cinamomo, con todas as árbores que recenden no Líbano; a mirra e o aloe, con todos os bálsamos máis finos”.

Cultura

Publica o teu comentario agora