Bó facer teatral do grupo Xosémaría Pérez Parallé

Bó facer teatral do grupo Xosémaría Pérez Parallé

17 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Un día de bó facer teatral e de aplausos viviuse o pasado sábado no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. O público abarrotou o local na estrea do grupo de teatro Xosémaría Pérez Parallé.

Os fillos do poeta acudiron á representación de “Estudantes buscan asistente” que deixou moi bó sabor entre o público. Actores e actrices afeccionados máis o actor - director, Carlos Basoa, fixeron un traballo máis que digno. Este último deixou ao respetable coa boca aberta, non xa polas risas que despertaba o seu papel de asistente chinés con delantal e cofia, senón pola sua profesionalidade e experiencia sobre as táboas, que deixou patente o sabado en San Paio. Cada quen no seu papel fixo un traballo loubado dende a primeira á última fila do patio de butacas. O recurso do teatro dentro do teatro, foi un acerto e un instrumento estupendo para que cada quen atopara o seu sitio na obra, que fai un guiño á crise, a Ferrolterra, ao dispendio duns poucos e á rebeldía de moitos. Ao remate da función, o público aplaudíu en pé durante moitos minutos.   

Cultura