Bailar a muiñeira xa é doado

Bailar a muiñeira xa é doado

15 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Bailabén' é o título da guía de aprendizaxe do baile tradicional que vén de sacar á luz Edicións do Cumio. A obra pretende achegar material didáctico aos profesores de Primaria e Secundaria, afeccionados e ensinantes do baile tradicional. Os docentes  e membros do Obradoiro de Cultura Tradicional “Ultreia” de Santiago, Edith Cotilla e Gustavo Couto firman a publicación que se vende acompañada dun DVD. A obra conta con

O método de ensinanza desta publicación divídese en dous apartados, unha parte de muiñeira e outra de xota co que se pode acadar un nivel medio de aprendizaxe. Segundo sinalou en Radiofusión un dos autores, Gustavo Couto , son moitas as disputas para poñerlle unha nomenclatura aos distintos pasos de baile pero eles decántase polos empregados nas súas aulas. 

A idea de achegar material didáctico ao eido do baile tradicional xurdiu, explicou, no I Congreso de Música Tradicional no ano 2006 ante as queixas dos docentes por non contar con material axeitado para impartir as súas clases. A publicación diríxese a todos os públicos para dar a coñecer unha parte importante do noso patrimonio inmaterial dunha forma sinxela e didáctica. 

“A saúde don noso baile atravesa por bós momentos”, asegurou, a pesares dos que afirman o contrario. De feito ás súas claes acuden desde raparigos/as de cinco anos ata os seus pais. Un abano moi amplo de idades aínda que por sexos prevalecen as mulleres sobre os homes. Couto reivindica a paridade neste eido e anima a todos a aprender o noso baile tradicional. Ademais quere espallar a idea que o noso baile non é só para subir a un escenario senón para que todo o mundo o baile e goce del. “É fundamental para que perviva xa que deste xeito chegou aos nosos días”, afirmou. “É o noso baile por natureza. O desexable sería que todos tocaramos un instrumento e souberamos bailar mais aínda exténdese a idea de que se trata de algo desfasado e non é así”, indicou.

Cultura