ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A XIII Baixada de Carrilanas de San Mamede arrinca este venres en Valdoviño cunha gran novidade, a celebración no marco deste festexo do Campionato de España. Esta cita galega xa acollera en edicións anteriores probas puntuables para competición estatal, pero é a primeira vez que se encarga da organización da final, como comentou en Radiofusión o coordina
Nesta edición haberá un total de 100 máquinas inscritas en 10 categorías. Un gran número de participantes e tamén se espera un gran número de público, entre unhas 10.000 persoas.
Desde 1996, ano da súa primeira edición, en Valdoviño celébrase a Baixada de Carrilanas a San Mamede, coincidindo coa celebración das festas patronais. Un peculiar certame de vehículos, cuxa única limitación é a de non dispor de motor, aínda que poden chegar a alcanzar os 70 quilómetros/hora no vertixinoso descenso pola ladeira que os leva a cubrir os máis de 1.300 metros que configuran o seu trazado.