Baldo Ramos e Carme Bar no xurado do Pérez Parallé

Baldo Ramos e Carme Bar no xurado do Pérez Parallé

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A profesora veciña do Seixo en Mugardos Carme Bar forma parte do xurado do Pérez Parallé. O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene deu a coñecer esta mañá a composición do xurado que escollerá a obra gañadora do Premio Nacional de Poesia Xosemaria Pérez Parallé. A entidade comunica tamén que concurren ao certame un total de 28 orixinais, libros de poesía escritos en lingua galega.

O xurado compóñenno a licenciada en Historia do Arte que foi directora da Biblioteca de Narón Carme Bar Cendón e o poeta e artista plástico de Celanova Baldo Ramos. Tamén avaliará as obras presentadas a gañadora da pasada edición do premio, a profesora da Estrada Susana Sánchez Aríns. A decisión sobre a obra gañadora daráse a coñecer a mediados de novembro.

Sociedade