ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Eduardo de Cobos Abreu, Jorge Ballesteros e Juan Carlos Jaime Díaz volveron lograr o Campionato de España de Tiro de Percorridos I.P.S.C, nas modalidades de producción, open e estándar, respectivamente. A competición, que arrincaba o venres da pasada semana, desenvolveuse ata o sábado nas instalacións do clube pontés Pena da Revolta e pechouse, o domingo, coa tradicional entrega de premios aos mellores tiradores da competici&oac
De feito, na proba pontesa anotáronse un total de 249 tiradores, de once comunidades autónomas, aos que se sumaron unha vintena de árbitros que, nas xornadas previas á competición, tamén se aventuraron a desenvolver os 14 exercizos ideados para esta proba e nos que se combinaron dende probas de velocidade e precisión ata circuítos con blancos móviles e sistemas eléctricos que se combinaban con disparos dende diferentes ángulos e ata en carreira.
A competición desenvolveuse sen dificultades e problemas, malia a aparición da chuvia que aguou parte da mañá do sábado e a entrega de trofeos que tivo ser trasladada ao salón de plenos da Casa do Concello, aínda que nun principio a idea da organización pasaba por celebrar a mesma na propia rúa que separa o edificio Consistorial dos Xardíns Campo da Feira.
Este acto estivo presidido polo concelleiro de Deportes de As Pontes, Carlos Castro; o presidente da Federación Galega de Tiro, os representantes do clube Pena da Revolta e membros do equipo de árbitros organizadores do evento.
De feito, todos os intervintes coincidiron nos seus discursos á hora de recoñecer o importante papel, esforzo, mérito e traballo desenvolvido polos membros do Clube Pena da Revolta para poñer en marcha, un ano máis, a proba de tiro de percorridos máis importante do país e que, novamente, non defraudou con exercizos moi complexos tan só aptos para os mellores tiradores do país que, esta pasada fin de semana, estiveron en As Pontes.
Resultados
Categoría Open Masculino – Feminino:
1º.- Jorge Ballesteros 1ª Pilar Fernández Moreno
2º.- Iván Espilez Urbon 2ª Rakel Malanda Ruíz
3º.- Javier González Pérez 3ª Cristina Barros Gussoni
Categoría Estándar Masculino – Feminino:
1º Juan Carlos Jaime Díaz 1ª Concepción Pérez Gil
2º Gabriel Pitarch García 2ª Meritxell Ortega Pérez
3º David Martínez Viñuelas 3ª Yenni Mariella Ricchi Salas
Categoría Producción Masculino – Feminino:
1º Eduardo De Cobos Abreu 1ª Matilde Veguillas García
2º José Vicente Pérez Baz 2ª Marja – Leena Vapanen
3º Fco. Javier Salvador Esparza 3ª Verónica Estiguín García
Categoría Modificada Masculina
1º Antonio García Infantes
2º Carlos Soler Alberola
3º Francisco José Cerdán Pérez
Por federacións os títulos de Open e Estándar foron para a Federación de Castela A Mancha, o título de Modificada recaeu na Federación Valenciana e en Producción impúxose a Federación Canaria.
Por equipos, os títulos de Open e Estándar foron para a Asociación Deportiva da Dirección Xeral da Policía (A.D.D.G.P). En categoría Modificada o trunfo foi para o equipo de Tiro Olímpico de Elche e en Producción gañaba o equipo canario de J.C.E.F.G.C. Producción.