Bandeiras a media asta en Ares pola matanza de Oslo e a isla de Utoya

Bandeiras a media asta en Ares pola matanza de Oslo e a isla de Utoya

26 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares fixo público esta mañá o seu total rexeitamento á matanza acontecida o pasado venres en Oslo e na isla de Utoya. Nun comunicado amosa o seu pésame ás familias e seres queridos dos 72 mortos destes terribles atentados. Nomeadamente, o Concello, moi vencellado a Noruega pola presenza ao longo dos últimos anos dun notable número de familias do país nórdico na vila aresá mentres se construiron as fragatas par

O Concello de Ares inaugurará este xoves unha rúa adicada á comunidade norueguesa residente no municipio. Na actualidade quedan sobre 40 persoas empadroadas. A pesares de marchar, varias ducias de familias teñen vivenda propia e seguen acudindo a Ares durante os meses de verán. Este acto, no que viña traballando o goberno local en colaboración con esta comunidade escandinava dende hai tempo, terá lugar ás 11.30 horas. Consistirá na colocación de dúas pracas na rúa que levará o nome de Noruega, situada na proximidade a unha das zonas residencias nas que, xunto con Seselle e O Raso, vivían a maior parte de cidadáns noruegueses.

Esta iniciativa xurdiu como agradecemento a estas familias pola súa convivencia e implicación no municipio, participando activamente en moitas das actividades e iniciativas promovidas no concello. Agora, o alcalde Julio Iglesias, indicou “que nada mellor que aproveitar dito acto para render unha sentida homenaxe a todas as persoas que perderon a súa vida a mans dun fanático asasino e trasladar aos noruegueses, representados aquí nesta pequena xa comunidade, o máis sentido pésame da corporación local, en particular, e de todo o pobo de Ares, en xeral”.

Sociedade